Loading...

A CAPITAL DO MUNDO

1957. Un adulterio ferinte, un amor tolo, imposible, impulsan a unha rapaza coruñesa a emigrar. Nova York, A capital do mundo, sempre atraera a Nieves Ocampo e cara alá marcha cunha parada previa na Habana. Ese alto na ruta, inicialmente curto, devirá en peripecia vital nunha viaxe por un mundo inimaxinable ata ese momento da Historia.
A emigración é tema principal na obra de Xavier Alcalá. Tras relatar vivencias propias en La Habana flash, entrou a fondo na Revolución de Cuba con Verde oliva dando voz á “axente Mariana”, galega loitadora pola liberdade. Con A capital do mundo retorna á escena revolucionaria, onde Nieves recolle, ao seu xeito, o testemuño de Mariana. É a primeira parte de Mayimbes —os irmáns Castro e as elites do réxime—, entre os que sobrevive a protagonista.

ISBN: 9788411763172 Categorías: , ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2024

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

366

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

23,10

Hai existencias (pode reservarse)