Loading...

O HOME QUE NON QUERIA SOÑAR

Sete breves contos preceden a doce sorprendentes retratos de animais. Cos primeiros contos descubrímo-lo difícil que é gardar un segredo, un espello capaz de amosa-las cousas que pasan no corazón, unha dor de cabeza á que non lle gusta que a chamen horrible, unha hora que sempre chega tarde a da-la súa hora, un home que non quería soñar, unha rosa bela e vaidosa e un cantor que lle fixo -á rosa- unha canción tambén bela, e, finalmente, un libro que nunca acaba. Os retratos son todos de bichos pequenos, como a xoaniña, o cabezolo ou o grílo, aínda que en medio deles se metese tamén o hipopótamo. E para rematar, despois dos doce retratos, vén a gran manifestación de toda a bichería contra a maldita bomba chamada insecticida.

ISBN: 8475078893 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

1995

Encadernación

RÚSTICA

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

7,80

Hai existencias