Loading...

LAXEIRO. A INVENCION DUN MUNDO

A través de dúas voces, a do propio artista -que narra en primeira persoa os acontecementos fundamentais da súa vida- e a do autor, o profesor Antón Castro, entramos na apaixonante aventura de Laxeiro, quizais o pintor que mellor definiu as transformacións estéticas de Galicia no século XX. Dun xeito estructural e seguindo un desenvolvemento a través do tempo, acompañamos ó artista nas diferentes xeografías que condicionaron a súa vida e polo tanto a súa arte, un modelo de renovación parello ás transformacións da conciencia estética que tivo sempre como referencia a orixe, a tradición e a filosofía escondida nas vellas montañas de Lalín, que el considerou poboadas de momos e mitos.

ISBN: 8483021420 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

1997

Actualización

2014-06-11

Referencia interna

E-7

Encadernación

RÚSTICA

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

19,00