Loading...

O VIOLÍN DE AUSCHWITZ

O violín de Auschwitz narra a historia de Daniel, un xove violeiro xudeu internado no campo de exterminio de Auschwitz, onde as condicións de vida son infrahumanas e os castigos e a morte son compañeiros habituais dos presos que sobreviven nesta porta do inferno. O comandante do campo, Saukel afeccionado á música clásica, descobre o auténtico oficio de Daniel e decide poñelo a proba: faralle construír un violín, coas medidas dos Stradivarius, que ten que ser perfecto. Daniel, sen sabelo primeiro, é obxecto dunha aposta entre o comandante e o sádico médico da SS Rascher.Esta historia inesquecible e conmovedora, está coidadosamente reconstruída pola autora, que intercala documentos reais que amosan a crueldade do xenocidio nazi. A música –presente en toda a novela como contrapunto que proporciona harmonía a un ambiente deshumanizado e miserable–, a minuciosidade do proceso de construcción do violín nunhas penosas condicións, e a solidariedade e amizade como únicos recursos contra a arbitrariedade e inxustiza, son compoñentes básicas da novela, que axiña será levada ó cine por Jaime Camino.

ISBN: 8475079768 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

1996

Encadernación

RÚSTICA

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

12,00

Hai existencias