A FORZA PÚBLICA NA UNIVERSIDADE
Honni soit qui mal y pense. Isto non é un panfleto, é un relato.
Quen crese o contrario, nin da FUE sabe, nin sabe de min. Escríbeseeste libro para que a opinión coñeza con exactitude o que apenas puido entrever a través da prensa turiferaria do despotismo, a través das palabras —palabras aladas, fugacísimas— nosas. Durante moito tempo só a eles lles foi dado falar. Hora é xa de que se eleve a nosa voz, e de que se lles responda. Pero non faremos outra cousa, en canto sexa posible, senón narrar os feitos. Eles sangran elocuencia, contundente e limpísima. Sexa o meu relato todo o obxectivo, todo o imparcial, todo o frío que pode ser un relato escrito por un actor na historia que di. Nada hai aquí no aire colgado, na vaguidade prendido, aprendido no abstracto dun rumor, afincado no contar anónimo. Da veracidade de canto aquí se di, e eu en persoa non presenciei, responden actores, testemuñas oculares dos feitos. Claro que, subsidiariamente, tamén respondo eu. E así vai esta narración ao público, escrita por un estudante que non só non ocupa xa cargo ningún na FUE, senón que se sente un pouco afastado dos afáns ordinarios da xuventude escolar; pero sente fondamente enraizado, na entraña da alma, o fervor universitario; e máis respecto ante a toga do mestre que ante a toga do xuíz. Oxalá se lean estas páxinas con claridade de corazón, e a sospeita infame ou o sectarismo vil non turben a mirada de quen as lea”.
Do limiar de R. CARBALLO CALERO (Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1931)
Información adicional
Autor | |
---|---|
Editorial | |
Ano de edición | 2020 |
Encadernación | CARTONÉ |
Nº de Páxinas | 96 |
Idioma |
Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.
19,70€
Hai existencias
Reseñas
Aínda non hai valoracións.