Loading...

SON UNHA NENA. SUFRIREI DISCRIMINACIONS E VIOLENCIA SEXUAL?

En pleno século XXI, vivimos nunha sociedade patriarcal, intoxicada polas violencias, especialmente as sexuais, que alcanzan de pleno as nenas e as mulleres, afectando a súa saúde e benestar e, tamén, a de toda a sociedade.

Neste libro formulamos unha análise das diferentes formas de expresión da violencia sexual, encadrando estas experiencias ao longo da vida das mulleres, xa que en numerosas ocasións non son feitos illados, senón un continuo de múltiples violencias.

A magnitude da violencia sexual a nivel mundial vese reflectida nos datos da Organización Mundial da Saúde, onde se evidencia que unha de cada tres mulleres no mundo foi vítima de abusos físicos e/ou sexuais. Estas violencias sexuais representan un dos delitos máis invisibilizados que vulnera os dereitos fundamentais de igualdade, liberdade, integridade física e moral, converténdose na forma de violencia máis xeneralizada e menos recoñecida do mundo.

Mudar esta realidade é unha responsabilidade de todas e todos.

ISBN: 9788491519645 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2023

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

300

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

23,00

Hai existencias (pode reservarse)