Loading...

O PAIS DURMINTE

O país de Glearim ten a particularidade de que tódolos seus habitantes orixinarios dormen seguido. No pasado fóralles concedido o don de non morrer mentres durmían e foron durmindo cada vez máis tempo por mor de ser eternos. Este feíto estaba instigado polo rei, un descendente “garavanzo negro” da familia, que asumiu o trono porque o vinculeiro non o quixo.Aurora, a protagonista, forma parte da “resistencia” e marcha en busca de Val, un compañeiro de xogos ó que non ve hai tempo e que lle dixera que fose onda el cando non soportase a situación, seguindo tamén instruccións da súa tía, que lle encomendou a procura do Sabeluchar. Toma contacto con Val e decátase de que é posuidora dun segredo que lles permitirá a todos libera-lo país durminte dese estado.Despois de organiza-la ofensiva coa axuda dun vello, que resulta se-lo vinculeiro da coroa e ó que ninguén lle soubo o nome máis ca ela, conseguen liberar tódalas cidades do país e facerse co Sabeluchar, que viñan se-los libros que gardaban a historia do país.

ISBN: 8475076106 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

1995

Encadernación

RÚSTICA

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

9,50

Hai existencias