ANELIDOS
O verme Ferf Ferf descobre un día que pode comprende-la línguaxe das toupas. Esa habilidade sálvalle a vida: unha toupa chamada Basilei lévao á presencia do seu reí por ver se o divirte. Pero xusto ese día o fillo do reí perdérase e as toupas pensan que fora raptado polas aguias. Ferf Ferf descobre que non foran as aguias, senón as donicelas, as raptoras do fillo do reí das toupas. As donicelas fixeron que o rapto parecese obra das aguias para provoca-la guerra entre elas e as toupas, e así apoderárense das riquezas encerradas nas toupeiras. Ferf Ferf pídelle á líbeliña Oswalda que o leve ata a árbore das Cinco Fontes, onde habitan as grandes aguias. Alí coñece a Galwir, unha aguia nova. Ferf Ferf, coa colaboración de Galwir e a toupa Basileí, conseguirá botar abaixo o plano das malvadas donicelas e deterá a guerra no bosque.
Información adicional
| Autor | |
|---|---|
| Editorial | |
| Ano de edición | 1994 |
| Nº de edición | 1 |
| Actualización | 2009-11-24 |
| CDU | 800 |
| Referencia interna | ALI |
| Alta | T |
| Encadernación | |
| Cor | VE-NA |
| Idioma |
Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.
7,25€
Hai existencias







Reseñas
Aínda non hai valoracións.