Loading...

ANTESE

Premio Victoriano Taibo 2021

Dúas mulleres, nai e filla. Un lugar: o xardín. Unha condición: o crecemento. Unha pexa: o vencello que é ligadura. A partir de situacións cotiás, cunha poética baseada na linguaxe coloquial e nos símbolos dos medios dixitais, na música e na evocación de imaxes, Arancha Nogueira fai presente a circunstancia principal da vida: o acceso á liberdade.

O paralelismo entre a idea de natureza como xardín e a poesía como cultivo da linguaxe; a metáfora, aquí renovada, do abrollar como un rebentar emancipatorio, a arte como medio de liberación son algúns dos temas que outorgan a este poemario a levidade e a fondura dunha flor. No lugar había un ermo, Antese é un poemario sobre como cultivar un xardín.

ISBN: 9788491517870 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2022

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

82

Idioma

GALEGO

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

11,85

Hai existencias