Loading...

ARIADNA

Adriana e Ariadna son dúas irmás xemelgas que chegan ata o Vello Planeta nunha viaxe turística, gracias a que foran gañadoras dun concurso dos que aparecen nas tapas de cartón dos cereais. A estancia prevista de quince días, despois da viaxe dende o seu planeta Europa, no foguete interplanetario Hecatonquiric IV, modificará totalmente as súas vidas. No Vello Planeta aloxaranse no Cristal Palace, un dos dous únicos puntos de presencia humana no planeta virxe, no Paraíso Perdido do que a humanidade emigrara uns séculos antes. Alí atópanse cunha banda de foraxidos, con criaturas nativas semihumanas e cun científico coroado por un nimbo de luz. Hai unha rapaza robot, Preciosa, que se cre humana e que pregunta constantemente pola súa familia, e un rapaz de ollada triste e andares estraños. No seu primeiro día de estancia no planeta saen á caza de unicornios. O fío que une a Adriana e Ariadna vaise adelgazando nese labirinto constituído por un planeta enteiro.

ISBN: 9788483027691 Categorías: , ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2003

Encadernación

RÚSTICA

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

12,30

Hai existencias