AS ALMAS MORTAS

É Nikolai Gógol o fundador da gran tradición da literatura rusa e inspirador de moitos autores que o sucederon. En palabras de Dostoiesvki: “Todos saímos de embaixo do capote de Gógol”.

A ambición do autor era retratar a Rusia toda nesta obra, nun argumento que lle foi proposto polo seu bo amigo e escritor Pushkin. A historia dun pequeno terratenente que se dedica a mercar labregos mortos para rexistralos como vivos e conseguir as terras que o Estado concedía por certo número de servos, e así enriquecerse ilicitamente. Isto dálle pé a Gógol para ofrecer unha visión realista da condición humana dun xeito descarnado, próximo á caricatura. Un clásico aínda vixente que mostra, sen ambaxes, as miserias dunha sociedade.

ISBN: 9788411761574 Categorías: ,

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2023

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

594

Idioma

25,00

Hai existencias (pode reservarse)