Loading...

O BAILE EN GALICIA. Método de aprendizaxe.

O estudio das danzas populares ten en Galicia unha longa tradición, gracias á cal coñecemos hoxe con rigor a música, a letra e os distintos puntos ou pasos que constitúen a estructura dos nosos bailes. As muiñerias, as “jotas”, as ribiranas, as chouteiras, as carballesas ou as pandeiradas xa non teñen secretos para nós, aínda que os coñecementos actuais podan sempre ser ampliados ou matizados con novas aportacións.
O que si se botaba de menos era un manual que puxese en claro, tanto para o simple aficionado como para o prefesional, a técnica interpretativa de cada danza, de xeito que esta se puidese aprender con facilidade e coa seguridade de executar fielmente os distintos movementos de maneria canónica e conforme á tradición máis enxebre.
Esto é o que pretende o presente manual, no que o director ou o aficionado atoparán, perfectamente explicadas, con debuxos e as correspondentes anotacións musicais, as danzas máis características do folklore galego. Trátase, polo tanto, dun libro práctico, cunha clara intención pedagóxica.

ISBN: 9788471545251 Categorías: , ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

1986

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

280

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

15,80

Hai existencias