Loading...

CANDO CHORARON AS CIES

O día en que choraron as Cíes, miles de persoas nos convertemos en panos de man para enxugar as súas bágoas.

O día en que chorou o mar, miles de persoas fomos quen de berrar “Nunca máis”. Hoxe o noso mar e grande, segue queréndonos e segue coidando de nós.

Velaquí un libro que trata de amor, dese amor que moitos e moitas lle demostraron ao mar cando estaba estragado pola negrura e a escuridade. Velaquí os testemuños de homes e mulleres que, coas súas mans e o seu alento, foron capaces de defender o que era noso.

Oxalá nestas páxinas atopedes eses recordos de loita, de bravura e mesmo de sacrificio que os galegos e galegas experimentamos naqueles días.

ISBN: 9788491519430 Categoría:
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2020

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

186

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

20,75

Hai existencias (pode reservarse)