Loading...

CHOIVA DE RAS

É unha aventura trepidante protagonizada por animais, inzada de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto.

Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto das ras. RaMona vivía á súa bóla, buscando flores e escoitando as diferentes harmonías que desprendían, o que lle permitía argallar rimas e compoñer cancións coas máis variadas melodías. Porén, cando ten que enfrontarse con todas as armas posibles á perigosa cóbrega Milfaces, á toupa Berbequí e fuxir dos falcóns e dos voitres, comprende que as ras volven sempre ao lugar onde nacen.” Choiva de ras” é unha aventura trepidante protagonizada por animais, inzada de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto.

ISBN: 8491213680 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2018

Encadernación

RÚSTICA

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

11,50

Hai existencias