Loading...

CONTOS POR PALABRAS

A galería de persoaxes destes contos é tan insólita como variada: un unicornio solitario, un Spiderman moi habilidoso, un vampiro sen emprego, un home lobo namorado, unha nai obsesionada pola publicidade, un león con alopecia, un bruxo fascinado pola informática… un libro que aposta pola fantasía é o humor.

ISBN: 98788499141558 Categoría:
Loading...

Descripción

Este libro consta de once relatos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais.”Unha chave non é suficiente” é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que “se duplica calquera chave, con ou sen mostra”.”O caso do unicornio azul” conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada.”Vanesa e o anuncio da televisión” conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión.”Un artista de neon”: un fabricante de rótulos luminosos teima en modificar o mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desastrosos. Un vampiro pode ser o empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato “O caso do estraño empregado” Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. Isto é o que se narra en “Ser superheroe non é doado” e “Noites de lúa chea”.”O libro das infinitas historias”, o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2018

Nº de edición

25

Encadernación

RÚSTICA

Idioma

GALEGO

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

9,55

Hai existencias