Loading...

CORNUCOPIA

Premio Torrente Ballester 2021

Atende aquí. De momento vas ben, pero atende. Polo motivo que fose colliches este libro e décheslle a volta para ver que pon na parte de atrás. Iso é o que se fai. Agora a min tócame contar un pouco de que vai e intentar convencerte para que o collas e o leas. Para ti ten que ser fácil, pero para min non o é.

O problema vén ser que esta é a mellor novela xamais escrita en ningún idioma. Xoo! Dirás ti. Quítalle hachas aí, ho! E tes razón. Estas cousas, aínda que se pensen, non se din.

Pero é que esta é a mellor novela xamais escrita en ningún idioma, e, como todas estas, o problema é que non se pode dicir de que vai, pois todas as mellores novelas xamais escritas en ningún idioma van de nada e mais van de todo, como esta. Entendes o que digo? Eu tampouco.

Creo que o mellor vai ser que esquezas este texto e leas o libro directamente. Si. Imaxina que o colliches, que lle deches a volta e que aquí non había nada. Un espazo en branco. Este texto que acabas de ler non existe.

Abre o libro pola primeira páxina, ou pola que queiras, e le. Nada máis.

Raúl M. Santos

ISBN: 9788491518976 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2022

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

188

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

18,00

Hai existencias