Loading...

CRONICAS DA VERDADE OCULTA

Unha man humana, recén cortada, aparece misteriosamente nun xardín de casa grande; unha persoa esqueceu as chaves dentro do piso e espera que lle abra a criada, mais é recibido por un señor extraño que asegura se-lo dono; o secreto do contido dun armario provoca un desenlace inagardado; alguén que comprou unha planta de regalo observa como, nun repente, esta ponse a medrar; un bañista da no fondo das augas cunha maleta máxica… Pere Calders convídanos a penetrar nun mundo irreal, oculto, mais que tamén pode ser verdade, pois forma parte da realidade humana na súa face de ilusión e de humor. Tal é a razón do título desta obra, considerada un dos cumes da prosa catalana contemporánea pola agudeza do seu . significado e máis o seu alto valor estilístico.

ISBN: 8475071783 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

1985

Encadernación

RÚSTICA

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

8,85

Hai existencias