Loading...

CUNQUEIRO.UNHA BIOGRAFIA

Á hora de escribir este traballo tiven que rexeitar, cousa non doada, numerosas tentacións. E a meirande destas foi a de deborcar nas presentes páxinas centos de anécdotas que circulan por aí, algunhas mesmo en letra impresa, sobre un Cunqueiro máis de fábula e lenda que de carne e óso. De non rexeitala afastaríame da miña angueira, non sei se levada a ramo, de che ofrecer, querido lector, fundamentalmente unha aproximación biográfica. Ademais, a miña admiración por Cunqueiro -fun e sigo a ser devoto seu- tamén me colocaba en disposición de escorregar pola pendente do panexírico, non recomendable nestes casos.A que tes nas túas mans quizabes non sexa unha biografía ó uso. Quebra moldes tradicionais, pecando, é posible, de certa desorde; mais, de existir, é unha desorde consciente, asumida de antemán en tódolos seus termos. (Autor)

ISBN: 8475075614 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Encadernación

RÚSTICA

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

18,50

Hai existencias