Loading...

ELES LIBRES E IGUAIS, ELAS OBEDIENTES POLA GRAZA DE DEUS

Neste ensaio analízase a repercusión da perpetuación dos valores morais da Igrexa católica na discriminación das mulleres durante o proceso de construción do sistema liberal no Estado español e en Galiza(1812-1936), así como na reducida dimensión das protestas promovidas polo descontento fronte a estes agravios.
Deste xeito, se ben xa na Contitución de 1812 enunciábanse como principios esenciais do dereito a liberdade e a igualdade dos individuos (e son estes o principal leitmotiv da conflitividade social de carácter reivindicativo durante o século XIX), as mulleres ficarían excluídas destas premisas até 1931.

Nesta discriminación xogarían un papel esencial tanto a reprodución da conversión dos pecados en leis a través do Estado liberal confesional como o monopolio da Igrexa católica na fixación das directrices morais que debían de imperar nas institucións educativas e nos espazos de socialización e ocio, ocupando un lugar principal a protección dos valores tradicionais ligados á familia e á sexualidade.

Os principios vinculados á moralidade nestes dous últimos ámbitos serían un puntal clave no contrapeso aos primeiros ecos feministas da Idade Contemporánea en Galiza. Uns ecos que se fixeron ouvir a contracorrente e que son pezas fundamentais no camiño cara a erradicación da discriminación de xénero.

ISBN: 9788484876335 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2023

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

226

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

13,00

Hai existencias (pode reservarse)