Loading...

ESTUDOS DE ONOMASTICA GALEGA IV. OS NOMES DAS RUAS

Os nomes das rúas serven para orientarse nas vilas e cidades e tamén para organizar os territorios urbanos. Pero tamén adquiren unha moi importante carga simbólica e constitúen parte da paisaxe lingüística que acompaña aos habitantes acotío. Os cambios que ocorren nas guías das rúas e as novas eleccións de nomes coa expansión das zonas urbanas obedecen en moitas ocasións a razóns conmemorativas e acaban sepultando os nomes anteriores. Neste volume préstase atención a todos estes procesos, un campo de estudo moi pouco tratado en Galicia, e ademais quérese pór o foco na necesidade da preservación da toponimia tradicional por parte dos poderes públicos, neste caso os concellos, responsables dos nomes urbanos.
Amais de ofrecer un panorama dos nomes das rúas de Pontevedra, Vigo, A Coruña e Lalín, explícase a formación histórica das rúas tradicionais de Gondomar e Santiago e a modificación dos nomes desta última cidade desde o punto de vista da memoria histórica. Tamén se ofrecen modelos de experiencias pedagóxicas desenvoltas nos concellos de Ribadeo e Valga. Finalmente, a Real Academia Galega propón, en conxunción coa Asociación Galega de Onomástica, a sinatura dunha declaración cos concellos para ofrecer unhas pautas que faciliten a ampliación dos espazos urbanos e manteñan asemade a toponimia, parte esencial do patrimonio inmaterial do noso pobo.

ISBN: 9788417807009 Categorías: , ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2020

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

244

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

20,00

Hai existencias