Loading...

FLANAGAN DE LUXE

Flanagan é un adolescente afeccionado á investigación privada, con moita sona entre os seus colegas do instituto. Nesta ocasión, Nines, unha rapaza guapa e rica, telefona a Flanagan pedíndolle axuda para o seu amigo Ricardoalfonso. Segundo este, uns camelos perségueno para matalo, porque o acusan da desaparición dunha bolsa de droga. Flanagan decide agachar ó perseguido na casa da súa amiga, María Gual. A aparición do coche dos traficantes fainos fuxir a unha casa que os pais de Ricardoalfonso teñen na praia. Alí, Flanagan é obxecto dunha terrible broma, pero decatarase disto despois de ter sufrido unha angustiosa peripecia. Flanagan atrapado nesta perigosa aventura –onde non faltan as chantaxes, as persecucións e os secuestros– demostrará ser quen de emular ós mellores detectives profesionais. O humor e a intriga percorren as páxinas desta novela do xénero policial, sen deixar de proporcionar unha visión crítica sobre a mocidade actual.

ISBN: 8475078443 Categorías: , ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2005

Actualización

2020-06-04

Encadernación

RÚSTICA

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

13,80

Hai existencias