Loading...

O LEON E O PAXARO REBELDE

O león, o Rei do bosque, mandou correr un bando que prohibía a tódolos paxaros canta-las súas cancións sen antes pedir permiso ou licencia. Pero o Pimpín non só non ll fixo caso ó bando, senón que ademais gustaba de cantar cancións maliciosas e de protesta.E os paxaros andaban todos preocupados. Uns dicían que a culpa da prohibición era do Corvo. Os máis que do Pimpín. A Rula e a Bubela fóronse queixar ó León porque Pimpín non lles pagara un vestido de la e un sombreiro que elas lle fixeran. Tódolos animais estiveron de acordo en que Pimpín era culpable e debería ser castigado. Guiados polo Corvo, os paxaros prenderon a Pimpín e entregárono nas gadoupas do león.Pero aínda diante do León, Pimpín seguía coas súas cancións. Tanta rabia lle deu ó León, que papou o Pimpín. Pero este, dentro da barriga do reí, peteiraba tanto nel que lle obrigou a abrí-la boca. E pola boca marchou e por aí segue a canta-las súas cancións.

ISBN: 8475074537 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

1990

Encadernación

RÚSTICA

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

6,25

Hai existencias