Loading...

MATAR O TEMPO

A historia dun proceso educativo para a deshonra e a vileza, mestura de novela picaresca e feminina, móstranos a loita dun personaxe de condición humilde, que, a trompadas, coa adversidade, vai edificando a súa vida a conta dos outros,e pasa fame, sofre enganos, burlas, explotación. En ningún dos ambientes nos que se desenvolve hai nunca lugar para a piedade, o amor, a compaixón: soamente crueldade. Sen embargo, estas situacións están en absurdo e grotesco contraste coa fermosura das palabras, a expresión musical, a riqueza léxica, as descricións pormenorizadas e precisas, as enumeracións que reflecten o contorno dunha beleza desmesurada e irrefreable ou dunha delicadeza inusual na prosa galega de hoxe. Matar o tempo é toda unha parodia da sociedade actual, onde os egos sen límites nos levan á destrucción. Valcárcel, sen embargo, deixa aberta a porta á esperanza, á procura do noso tesouro, da nosa realización anterior, que debemos saber buscar. Esta é unha novela que sen dúbida sorprenderá, que, sen dúbida, anuncia a un gran narrador.

ISBN: 9788475078748 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

1995

Encadernación

RÚSTICA

Idioma

GALEGO

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

13,00

Hai existencias