Loading...

O CEMITERIO DE BARCOS

O cemiterio de barcos é unha historia luminosa de amor e amizade contra a violencia en todas as súas expresións.

Unha novela de iniciación, aventuras e misterio que atrapará a lectores de todas as idades.

David lembra moi ben canto gozaba das vacacións de verán na vila natal do seu pai, cando era neno. Agora ten dezaseis anos e todo é distinto: foi un curso difícil no instituto e nada lle apetece menos que volver á vila de sempre para aburrirse unha vez máis, por moito que o seu pai insista en animalo.

Pero así como chega coñecerá a Lucía, unha rapaza que vén de saír dunha relación tóxica e violenta, e xorde entre eles unha complicidade case instantánea. Xuntos descubrirán un segredo soterrado na vila dende hai décadas para así desvelar unha rede corrupta que ameaza con estragar os recursos e o equilibrio da vila e os seus habitantes.

O cemiterio de barcos é unha novela sobre a dignidade e fronte a calquera clase de abuso, e unha alegación en contra da violencia machista.

ISBN: 9788491517160 Categorías: , ,
Loading...

Información adicional

ISBN

9788491517160

Autor

Editorial

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

16,90

Hai existencias (pode reservarse)