Loading...

OS CADERNOS ESCOLARES DA II REPÚBLICA

Un documento único sobre a pedagoxía galega nos anos da Segunda República. A descuberta dos cadernos escolares do mestre de Teo (A Coruña) Bernardo Mato Castro (asasinado polos fascistas en 1936), elaborados polo seu alumno Antonio Rial Gallego, permítenos coñecer o traballo desenvolvido nas aulas naqueles días tan cheos de esperanza e innovación no eido educativo, e que tan pouco durarían…
Dous historiadores, especialistas en memoria democrática, Miguel Paz Cabo e Víctor M. Santidrián Arias, levan a cabo un detido estudo destes cadernos, dos que aquí se reproducen máis de cen páxinas. Ofrécennos unha análise do ensino na II República, do labor de Bernardo Mato como mestre e como militante, e do seu dramático final, con reveladores documentos como o propio «Expediente de Depuración» do docente.

ISBN: 978841856730 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2022

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

485

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

22,90

Hai existencias