Loading...

PARA UNHA HISTORIA DO CINEMA EN LINGUA GALEGA. DE ILLAS E SEREAS

E a creación, en calquera soporte, linguaxe ou formulación, é un deses acontecementos. Mais tamén constata a existencia da devandita “comunidade electiva”, na feliz distinción de Maurice Glanchot, que nos leva a considerar o cinema en lingua galega como un deses “momentos estelares” da cultura de noso en que o fai propio para partillar coa humanidade unhas obras nas que o real, o maxinario e o modo de contalo nos configuran. A serea é esa imaxe que guía a sorte do vaixel no mascarón de proa; é a cariátide voandeira que exhibe os seos na capela do Salvador da catedral de Santiago; é a esfinxe de cabelos alados que Castelao soñou como escudo de Galiza canda o lema “denantes mortos que escravos”, é a seresa que se fundiu cun lobo da illa Lobeira e dela emerxeron as rendas de Camariñas, a que se uniu ao cabaleiro de Roncesvalles e deu orixe á saga dos Mariño, navegantes até mais aló de Chile, a que chega de lonxe mais nunca é estranxeira.

ISBN: 9788491514886 Categorías: , ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2020

Encadernación

RÚSTICA

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

20,00

Hai existencias