Loading...

TEÑO MEDO

É domingo pola mañá, Lucas vai ao parque, pero alí non ten amigos cos que xogar.

Quizais todos estean aínda a durmir! Só está Mr. Robot, quen se ocupa da vixilancia e mantemento do parque e que pode axudar a calquera neno que o precise.

Desde cativo é frecuente que Lucas teña pesadelos, case sempre relacionadas cos seus medos máis comúns: a escuridade, o sentimento de indefensión ante a soidade, os seres fantásticos de tradición popular…O pequeno cóntalle ao Robot o pesadelo daquela noite, e Mr. Robot, consciente do seu desasosego, comeza a facerlle preguntas e a pescudar cales son as súa inquedanzas e, despois, animalo para enfrontarse aos seus medos que o axuden a superalos.

Esta historia está baseada nas experiencias e conversacións reais que Lucas e o seu pai manteñen habitualmente. O seu pai decidiu escribir e ilustrar este libro para regalarllo ao seu fillo. É un exercicio para tentar axudar ao neno para verse desde fóra plasmado nunha historia e que isto poida servirlle de estímulo para superar os seus temores mais frecuentes.

O medo a escuridade e un medo ancestral, e como emoción universal se experimenta xeración tras xeración. Quen sabe, quizais outros nenos poidan sentirse identificados con esta pequena e sinxela historia e tamén a eles lles sirva de axuda. A Lucas e á o seu pai faríalles moi feliz que así fose.

ISBN: 9788491514497 Categorías: , ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2020

Encadernación

CARTONÉ

Nº de Páxinas

20

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

15,20

Hai existencias