Loading...

ULISES

Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Traducido de 2013 -Premio da Asociación de Editores como Mellor Tradución do ano 2013-Premio Irmandade do Libro 2013 á Tradución-Premio AELG 2014 á Mellor Tradución-Premio Nacional de Traducción do Ministerio de Cultura 2014.

Publicada en París en 1922 pola librería Shakespeare and Company, a novela de James Joyce (Dublín, 1882-Zürich, 1941) desenvólvese durante un único día, o 16 de xuño de 1904, na cidade de Dublín. Joyce emprega en Ulises, á parte da corrente de consciencia, a parodia, os xogos de palabras e unha variada e ampla gama de técnicas narrativas.
A súa influencia na literatura posterior foi indubidable, tanto no que se refire á transformación que supuxo respecto da maneira de narrar coma no repertorio de formas literarias, sen esquecer a transformación da idea de novela, na que Ulises marcou o paso do modelo decimonónico ao modelo de novela contemporánea. Unha obra fundamental na historia da literatura.

ISBN: 9788491517962 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2022

Encadernación

RÚSTICA

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

40,00€

Hai existencias