Loading...

AS MULLERES DO MONTE

Lembranzas e pantasmas dun neno da posguerra

Este libro é o resultado da busca de testemuños e documentos realizada durante varios anos polo autor, investigación que iniciou para completar as lembranzas da súa infancia no Barco de Valdeorras, onde eran frecuentes os enfrontamentos entre forzas policiais e guerrilleiros, popularmente coñecidos como fuxidos ou “os do monte”. O autor descubriu dese xeito o importante papel das mulleres no maquis, fornecendo refuxio e apoio aos fuxidos. Moitas desas mulleres levaban practicamente o peso do Servicio de Información da República. Foi o caso de Paquina Nieto, por cuxa froitería pasaban gran parte das mensaxes secretas dos fuxidos; de Matilde Franco, de Cacabelos, moi hábil para obter información sobre as operacións antiguerrilla dos seus “amigos” do cuartel da Garda Civil. Mais só as mulleres que foron torturadas, ou estaban ameazadas de morte, foron autorizadas a unirse aos do monte como guerrilleiras.

ISBN: 9788498656282 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2016

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

440

Idioma

GALEGO

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

25,75

Hai existencias