Loading...

CEREBRO EN MODO ON

O que ninguén che contou sobre o cerebro: as emocións, a aprendizaxe, a memoria, os soños ou a saúde mental. Como coidar o cerebro e como fortalecelo.

Un libro que pretende explicar o cerebro para a cativada; é iso posible? PODEN nenos e adolescentes entender a segreda andamiaxe onde nace a mente? Por suposto que si!

Sonia Villapol constrúe unha obra que combina rigor científico e linguaxe accesible, tendendo unha ponte entre a ciencia e a educación para que comprendamos como se forma o cerebro, un órgano extraordinariamente poderoso que fai posibles os nosos complexos comportamentos, pensamentos e accións. A neurociencia, como aquí se amosa, ensínanos que o cerebro se vai esculpindo con cada experiencia: co apoio, coa emoción compartida, coa seguridade e cos hábitos de vida, e, nesta liña, a autora incorpora unha visión actual e necesaria do eixe cerebro-intestino-microbiota, froito das súas investigacións.

ISBN: 9788411766098 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2026

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

112

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

21,00

Hai existencias (pode reservarse)