Loading...

GALEGOS DA HABANA

Galeg@s da Habana conta a historia daqueles fillos e fillas de Galicia que viviron moito tempo, ou ficaron para sempre, na capital cubana asolagados na saudade. Moitos deixan a súa pegada na sociedade habaneira durante a máis numerosa emigración cara a América desde a Galicia do século xx.
Na alborada desta memoria aínda viven as luces de Fontenla Leal, Ramón Cabanillas, Curros, Castelao, Neira Vilas e outros intelectuais que viviron na Habana durante os séculos xix e xx.
Resulta imposible borrar as pegadas galegas da historiografía de Cuba. Galegos que loitaron a carón dos cubanos na guerra de independencia. Participaron no asalto ao cuartel Moncada, onde algúns morreron. Outros caeron na Serra Maestra durante a última guerra librada na illa… é o legado histórico desta estirpe de revolucionarios.
Galeg@s da Habana tenta ser un retrato do espírito galego habaneiro a través do difícil e longo proceso da adaptación do emigrado en terra cubana, un retrato da férrea vontade para enfrontar o afastamento de Galicia, onde deixou familia, amigos e as lembranzas da infancia que sempre abrollan moi nítidas durante o tránsito pola lonxevidade.

ISBN: 8478245338 Categorías: , ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2007

Encadernación

RÚSTICA

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

15,00

Hai existencias