Loading...

LETRAS GALEGAS 2024 — LUISA VILLALTA

Pensar é escuro. Esta obra recupera os catro títulos que Luísa Villalta dispuxo en vida para a súa publicación: Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004). Estes versos converteron a autora nunha das voces máis importantes da poesía galega do noso tempo e consagrárona como unha creadora singular e inimitable.

O outro lado da música. A poesía. Publicouse nos solpores dos anos noventa abeirado polo contexto da escrita poética e ensaística declaradamente musicais da súa autora, e cualificado no seu día como un convite a nos abismar “polos camiños da metáfora e das semifusas”, conscientes de que “poucos ensaios hai tan acertados sobre a música e a poesía” (Lino Braxe).

Neste douto e orixinal ensaio, que agora Editorial Galaxia reedita, lévase a cabo unha relectura da historia da poesía galega procurando nesta a presenza substantiva da música, dende a Idade Media ata as Irmandades da Fala e a época Nós, e que converte a obra nun exercicio fundamental para mellor comprender tanto a poesía galega de todo tempo como a propia escritura de Luísa Villalta.

Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001).

Estas tres obras, fulcrais na construción da personalidade intelectual e creativa de Luísa Villalta, son unha mostra do seu compromiso coa escrita e a sociedade que lle tocou vivir, onde, como ela dixo, “as palabras son enerxía contra o tempo e o único depósito fiábel para a esperanza”.
A súa Obra Dramática Completa, que conforman as súas pezas,
Concerto para un home só, O Representante, O Paseo das Esfinxes, Os doces anos da guerra e As certezas de Ofelia.

Luísa Villalta, a nosa estrela. Libro infantil ilustrado sobre a vida de Luísa Villalta.

Categoría:
Loading...

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.