Loading...

XENTE AO LONXE

Edición restaurada.
Velaquí unha das grandes novelas corais da literatura galega. A presente edición é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que recontrúe definitivamente a versión orixinal que se sometará á censura na década de 1970. Corenta e dous anos depois o primerio texto rexorde restaurado; mosaico espectacular de voces, situacións e historias nas que se recrean os grandes cambios sociais de Galicia no transcurso do século XIX ao século XX.

Un espectacular mosaico de voces e de historias na cidade mítica de Auria.
Unha novela na que o autor recrea situacións que reflicten os grandes cambios sociais que anuncian a Galicia de finais do século XIX. A aparición desta novela (1972), ambiciosa obra de madurez, coroaba a traxectoria dun dos máis grandes narradores do noso tempo.
Froito dun excepcional alento anovador, Xente ao lonxe ensambla un amplo abano de tipos humanos e historias sabiamente entrecruzadas e relatadas con eficaz técnica expresionista. Blanco Amor realizou nesta novela un ambicioso experimento literario no que se combinan 170 personaxes cunha concepción cinematográfica do relato, que vai acoutando progresivamente o seu campo de visión desde a panóramica social ao primeiro plano individual.
Alegato en favor dos desherdados, Xente ao lonxe é unha novela total na que se reconstrúe un universo e un tempo.

ISBN: 9788498655575 Categorías: ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2014

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

356

Idioma

GALEGO

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

21,80

Hai existencias