CACIQUISMO E ELECCIONS NA GALIZA DA II REPUBLICA.

Este libro constitué unha investigación rigurosa sobre o mantemento dos comportamentos clientelares da política da Restauración en materia electoral. As redes caciquiles locais teñen que acometer un proceso de adaptación ó novo sistema republicano, artellando unha doble liña de acción: unha teórica, comunicando unha imaxe a través do seu descurso e da organización de partidos políticos integrados no  sistema de poder republicano; e outra máis práctica, na que , para conseguir unha representación política importante, necesitábase a implicación daqueles que detentaban o poder local. Todos os partidos políticos dos anos da República, tanto os situados á esquerda como á dereita, coñecían esa realidade, e tiñan que contar con ela dun ou doutro xeito para acadar os seus obxetivos.

ISBN: 9788489976849 Categorías: , ,

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

1999

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

232

Idioma

12,00

Hai existencias (pode reservarse)