Loading...

MULLER DO PORVIR, A

O Consello da Cultura Galega presenta esta nova edición de A muller do porvir, de dona Concepción Arenal Ponte, con ocasión da conmemoración do segundo centenario do seu nacemento (Ferrol, 31 de xaneiro de 1820). Trátase non só dunha obra de alto valor intrínseco e importancia histórica incuestionable, de coñecemento necesario para comprender e facer xustiza ao pensamento e labor de Concepción Arenal no seu tempo, senón tamén dunha obra plenamente vixente que contribúe a desmontar ese discurso contraditorio, nas leis e nos costumes, que privou e priva as mulleres de viviren en plenitude, desenvolvendo as súas capacidades, aspiracións e responsabilidades en condicións de igualdade coa outra metade da humanidade.
A publicación ten un valor engadido, porque reúne a crónica das Conferencias dominicales celebradas na Universidade de Madrid para a educación da muller —«un traballo de preparación indispensable e como o labor que se fai antes de botar o gran», di ela— e as Cartas aos delincuentes, destinadas a instruír acerca das nocións máis básicas que fundamentan o dereito, en especial o dereito penal.

ISBN: 9788417802127 Categorías: , , ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

2020

Encadernación

RÚSTICA

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

18,00

Hai existencias