Loading...

NATURA DAS ANIMALHAS.BESTIARIO MEDIEVAL DA LIRICA PROFANA

Este volume ofrece unha representación gulliverizada da lírica profana medieval galego-portuguesa. Nas súas páxinas asistimos á dobre marabilla dun universo faunisticamente amoroso e mefistofelicamente satírico, habitado, entre outras moitas especies animais, por namorados paxaros, aves ou cervos, e por degradados peixes, corvos, camelos, mulos, insectos ou bestas, que descubrimos con sorpresa como homes e mulleres dun poético e fantástico bestiario.

A lectura deste ensaio pretende mover ao diálogo coas cantigas que os manuscritos intencionalmente trouxeron até nós. Permitindo así o perpetuo crecemento dunha literatura trobadoresca realizada por autores que, cada vez máis, sentimos como homes pensantes e fabricantes, como seres entregados ao soño e á paixón, ao xogo e á festa. Porque non hai dúbida de que os poetas medievais son merecedores de figuraren na nosa sensiblidade moderna polas numerosas ocasións en que se referiron con autenticiade, hai setecentos anos, aos sentimentos, grandezas e limitacións que hoxe nos continúan acompañando.

ISBN: 9788489138315 Categorías: , ,
Loading...

Información adicional

Autor

Editorial

Ano de edición

1996

Encadernación

RÚSTICA

Nº de Páxinas

240

Idioma

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

12,00

Hai existencias (pode reservarse)